Avelaíñas eléctricas / Sica Romero
por Romero, Sica [autor/a].
Tipo: LibroEditor: [Ames] : Nêspera editora , 2022 Edición: 1ª ed.Descrición: 217 p. ; 21 cm.ISBN: 9788412553604.Materia(s): Rosalía de Castro | Novela social | Experiencias vitais | Poesía | Vida cotiáResumo: Historia de dúas rapazas, que rematada a carreira universitaria, deciden emprender camiños distintos fuxindo das súas pantasmas. A obra trata con delicadeza e agarimo os distintos temas universais e ancestrais, como son: a violencia, o amor, a amizade, a responsabilidade, a ética, o sexo/a sexualidade, a discriminación, a diferenza, as drogas/as adiccións, etc. Temas presentes tamén nos poemas de Rosalía de Castro que introducen cada un dos capítulos de Avelaíñas eléctricas. Polo tanto, a novela pode empregarse como ferramenta pedagóxica e de reflexión para a propia lectora e/ou como ferramenta para iniciar debates en calquera ámbito social.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
IES Monte Carrasco | 82-N ROM ave | Dispoñible | PED054000006686 |
|
O estilo de Sica Romero é rápido, fluído. Encaixa perfectamente coas novas liñas editoriais ‘máis visuais’ e poéticas que podemos observar agora mesmo no mercado do libro. É unha novela onde a poesía ten un lugar especial: aínda que os versos non representen máis que unha vixésima parte da obra, eses poemas resonan na prosa. Polo tanto, é unha obra que no seu conxunto pode ser unha mostra da hibridación de distintas artes, ou/e de distintos xéneros, xa que conflúen a poesía, a prosa, diferentes tipografías, e unha puntuación moi particular nalgúns casos.
Un poema de Rosalía de Castro introduce cada un dos capítulos da novela, o contido deses poemas está estrictamente ligado ós temas tratados en cada capítulo, facéndonos ver así, que a poesía da gran poeta sigue vixente. Coa súa escrita, Sica, tráenos á actualidade as mesmas verbas de inxustiza, e de tantos outros sentimentos reflectidos na obra de Rosalía. Ese é outro valor engadido de Avelaíñas eléctricas: concectar e interpretar na actualidade os problemas que cargamos dende antaño, como se Sica tecese, cos fíos do pasado e do presente, un cable resistente e longo, sobre o que puidese camiñar o mismísimo Philip Pétit entre as torres xemelgas do World Trade Center.
É unha obra recomendable a partir dos trece/catorce anos, incluso é recomendable xusto para esas idades que abranguen a adolescencia, e sen límite máximo porque, a súa vez, calquera outra persoa adulta pode empatizar perfectamente cos personaxes xa que atoparan experiencias e anécdotas que probablemente viviron, ademáis dunha obra completa e enriquecida cun deseño e unha estructura orixinais.
Pode chegar a ser unha boa ferramenta pedagóxica para iniciar debates sobre: a violencia, o amor, a amizade, as responsabilidades, a ética, o sexo/a sexualidade, a discriminación, a diferenza, as drogas/as adiccións, etc. En calquera tipo de institucións: bibliotecas, centros escolares, centros socioculturais, librarías, …
Historia de dúas rapazas, que rematada a carreira universitaria, deciden emprender camiños distintos fuxindo das súas pantasmas. A obra trata con delicadeza e agarimo os distintos temas universais e ancestrais, como son: a violencia, o amor, a amizade, a responsabilidade, a ética, o sexo/a sexualidade, a discriminación, a diferenza, as drogas/as adiccións, etc. Temas presentes tamén nos poemas de Rosalía de Castro que introducen cada un dos capítulos de Avelaíñas eléctricas. Polo tanto, a novela pode empregarse como ferramenta pedagóxica e de reflexión para a propia lectora e/ou como ferramenta para iniciar debates en calquera ámbito social.
3º-4º ESO
1º-2º BAC
Formación Profesional