Spielberg, Steven
E.T. : El extraterrestre / Steven Spielberg - [Madrid] : Universal , D.L. 2002 - 1 videodisco (DVD) (ca. 115 min.) : son, cor ; 12 cm + Guía da película - Speak Up .
Gañadora de 4 Oscars.
Que ocorrería se o extraterrestre máis simpático do universo perdese o bus de volta a casa? Esta pregunta deu orixe á película máis persoal de Steven Spielberg, da que agora celebramos o seu vinte aniversario. No pequeno Elliott, que sofre pola recente separación dos seus pais, e que non ten amigos da súa idade, podemos ver o “alter ego” de Spielberg. Tamén el pasou polo divorcio dos seus pais, e era un raparigo solitario, que buscaba refuxio na súa enorme imaxinación. Como o protagonista de E.T., que vive nunha casa dunha zona residencial e xoga cos seus bonecos de superheroes. Pero o que máis anhela é un verdadeiro amigo e, como explica o director, “dentro desa existencia en solitario chega un agasallo das estrelas, o mellor amigo que puidese un imaxinar. Por suposto, isto é algo que nunca me sucedeu a min, pero é unha parte das miñas fantasías. Cando eu tiña 9 anos desexaba ter un amigo que viñese das estrelas e crecese comigo. E penso que, en definitiva, dese desexo xurdiu a idea de facer E.T.”
3º-4º ESO 1º-2º ESO
Ciencia ficción
Aventuras
Amizade
Humor
791.4