Rivas, Fabio (1997-)

A pintura debida / Fabio Rivas - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2023 - 156 p. ; 22 cm - (Redes ; 2) . - Redes (Edicións Xerais de Galicia) 2 .

O relato "O cocho" recibiu o primeiro premio no XXV Certame Literario de Piñor

Un grupo de nenos que queren coñecer como berran os ourizos, un rapaz que mira o seu reflexo no gume dun coitelo antes de matar o seu primeiro porco, unha nena cega que é violada e quere desfacerse dese alcume ou un pintor que se arrepinte dos asasinatos cometidos para inspirar a súa obra. Estas son algunhas das historias que compoñen "A pintura debida", un libro de relatos enfiados entre si, onde a miseria, a violencia ou a inxenuidade infantil focalizan a trama de cada narración.A través de diferentes perspectivas, desde os ollos dun cativo en tempos de posguerra ata os dunha libreira na actualidade, o autor consegue debullar a crueza do cotián e cédelle o pincel da piedade a uns personaxes que se enfrontan a cadanseu lenzo en branco.

9788411103060


Conto da vida cotiá
Cuento de la vida cotidiana

821.134.2-32"20"

Coa tecnoloxía Koha